Cambiar idioma

27 de octubre de 2012

A miña estrea na escea cinematográfica


Eiquí está. A miña estrea (e a do meu home; en que "fregaos" o ando a meter!) na escena cinematográfica. É o traballo que tiñamos que presentar (unha curta de 3 minutos máximos de duración) os alumnos do curso de producción cinematográfica que rematei a semana pasada, no que, por certo, coincidín cuns compañeiros estupendos. Tremer, Tarantino non tremerá, pero... que risas botamos na rodaxe! Un cachondeo! Agardo que polo menos tamén sonriades coa historia. E, xa para os críticos de cine, un pouquiño de compaixón. Por favor.


2 comentarios:

  1. Brillante, cun título atinado!! O contido reflexa, tal cual, o que está a acontecer nas vidas de tantas familias galegas que son abocadas a "coller maleta". O meu final ideal sería trocar a bolsa polo autoemprego e sen que quedasen furados irreparables nas contas persoais.
    Noraboa pola curta!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Lorena !!! Para ser un experimento, non quedou tan mal. E, sobre todo, pasámolo xenial gravando as tomas; algunhas houbo que repetilas porque dábanos a risa continuamente.. é o que ten ser unha principiante, ja, ja. Bicos.

    ResponderEliminar