Cambiar idioma

21 de diciembre de 2012

Os parados non contratan grupos de presión


"Espíritu aventurero", disque



O pasado 9 de novembro, o economista e Premio Nobel Paul Krugman escribiu "Los millones olvidados", (en referencia aos parados) un artigo no que analiza a crise de emprego e o déficil fiscal nos EE UU e cuestiona por que non se axuda aos desempregados na medida en que se debera. O penúltimo paráfrago di:  "No, al final resulta difícil no llegar a la conclusión de que es un problema de clases. A la gente influyente de Washington no le preocupa perder su empleo; la gran mayoría ni siquiera conoce a alguien que esté en paro. La difícil situación de los parados simplemente no ocupa un lugar predominante en sus pensamientos y, por supuesto, los desempleados no contratan grupos de presión ni hacen grandes contribuciones a las campañas electorales".
Esta reflexión fíxome trasladar o problema a España. E aquí? Ata que punto a nosa crise de emprego preocupa aos nosos dirixentes e aos grupos de presión, máis aló das consabidas declaracións públicas baleiras de contido? O cumprimento dos topes de déficit é a prioridade absoluta por riba do desemprego?

Eiquí algúns datos e outras perlas soltadas por ilustres representantes para reflexionar:

- "¡Que se jodan!" . Andrea Fabra. Sobradamente coñecido.
- "Familias en situación de necesidad luego a lo mejor utilizaban el dinero para comprar una televisión de plasma o para otras cosas no tan apropiadas". Pilar Sol, diputada del PPCV, sobre unha renta de 400 euros a familias necesitadas.
- "Baltar aplica un ERE en la Diputación mientras contrata a 20 afines al PP" (EL PAÍS 13/12/2012). Sobradamente coñecida a política de emprego do organismo ourensano.
- O "espíritu aventurero" é o que anima aos mozos a emigrar. Marina del Corral, secretaria general de Inmigración y Emigración.
- "La hermana de Rita Barberá cobra casi 80.000 euros del Ayuntamiento por un cargo a "dedo" desde 1991. (El Plural.com, 05/12/2012).
-"La hermana de Esperanza Aguirre se convierte en asesora del Ayuntamiento de Madrid por 46.625 euros al año". (El Plural.com, 12/04/2012). Por certo, que según "Vozpópuli", el Ayuntamiento de Madrid gasta 12 millóns de euros ao ano en pagar a 254 asesores, pero se consideraba que a incorporación era imprescindible.....

E xa non sigo. Que cada un saque as súas conclusións. En España os parados tampouco contratan grupos de presión, e menos rascan das cada vez máis minguantes axudas (o que a ten) para facer campaña.








19 de diciembre de 2012

O seu voto... no lixo

Metáfora do destino do noso voto
Descoñezo se levan moito tempo aí, pero este domingo chamaron a miña atención. Varias papeleiras do centro de Ribeira lucían esta curiosa pegatina, coa lenda "O seu voto nesta urna". Unha metáfora que recolle ben o sentimento de boa parte da poboación, que ten a sensación de que o seu voto caeu directamente niso: no lixo. O autor ou autores desta pegada reflicten o que todas as enquisas constatan: que a xente non é xa que non se fíe dos políticos, senón que cre que son o principal problema deste país. Aumenta o lixo, si señor; PORQUERÍA con maiúsculas; cada día espertamos con novas corruptelas, mete-mans no cazo, evasores de impostos e lava-cartos.
Eu non son dos que opina que "todos son igual". E por suposto que hai políticos honestos e honrados. Pero con este clima de desesperación e de tanto timador solto, é perfectamente comprensible esta reacción. Tardarase anos en recompoñer a credibilidade perdida. E a responsabilidade, tanto do que ocorre como de corrixir este deterioro, é súa.

14 de diciembre de 2012

Pagas (e apagas) a luz

A miña avoa tiña unha semellante a esta
Donas e cabaleiros, vaian vostedes facendo aprovisionamento de cirios. E non, non é para ir en procesión nin para poñer velas á Virxe para ver se atopan traballo; esta aguda iniciativa xa hai quen a tivo por todos nós (con escaso éxito).
Compren velas, restauren vellas lámpadas de aceite e, os afortunados que teñan lareira, volten ao antiguo sistema para facer o caldo: leña e lume. Por se fosen poucas as subas do recibo da luz nos últimos tempos, o Goberno ten unha nova idea para recadar máis a partir de xaneiro: penalizar a quen máis consume con incrementos na tarifa (déixovos o enlace da Voz de Galicia coa nova). Baixo o ficticio barniz aplicado para enmascaralo como un xeito de concienciar á poboación para que consuma menos luz (se xa o facemos, por necesidade!!!), se camufla unha subida en toda regra, como ben denuncia a asociación de consumidores Facua nesta mesma información. 
Desde o meu punto de vista, esta medida é por riba discriminatoria, pois por moito que trate de aforrar enerxía (que, insisto, xa fago), nunha unidade familiar na que vivimos catro persoas, como é o meu caso, moito ten que derrochar un que vive só para gastar o que me facturan a min tódolos meses. 
O dito: a electricidade gaña posicións como artigo de luxo. Ai, quen tivese unha cociña de ferro coma a da miña avoa!



13 de diciembre de 2012

Portugal; cando as barbas do veciño vexas cortar...

Leo que Portugal rebaixará dos 20 días que aplica agora a 12 a indemnización legal por despido, seguindo as esixencias da "troika" formada polas institucións que moi amablemente lle prestaron 78.000 millóns de euros en concepto de rescate. Pero, amigos, a vaquiña polo que vale, e iso de prestar a cambio de "Muito obrigado" e un sorriso (como aínda veñen predicando algúns), nada de nada. Os homes de negro impóñenlle máis sacrificios aos nosos veciños; aquí gratis non hai un céntimo.
A Reforma Laboral aprobada este ano polo Goberno introduciu unha serie de cambios co único obxectivo de abaratar o despido. Un dos máis polémicos é a ampliación dos casos aos que unha empresa pode acollerse (vamos, máis manga ancha) para presentar un ERE, caso no que a indemnización ao traballador queda nos 20 días cun máximo de 12 mensualidades. Isto foi unha sacudida aos dereitos conqueridos ao largo de moitísimos anos. Pero, como unha machacona letanía, "é polo voso ben".
Dende o martes, o FROB xa ten un primeiro avance de 39.500 millóns de euros de rescate bancario, aportado para recapitalizar as entidades bancarias nacionalizadas que todos sabemos e que foron xestionadas? como todos sabemos (é un dicir; seguro que coñecemos o mínimo). Pero son moitas as organizacións políticas, empresariais, económicas, que piden a gritos un rescate total xa, ou directamente nos afundimos.
Rescate absoluto. Se isto ocorre, a "troika" vixiará, como ao noso veciños Portugal, os seus cartiños. 20 días de indemnización? Verémolo.
Por certo, que Portugal non participará o vindeiro ano no festival de Eurovisión a causa da crise. Anda mal de fondos e prescinde de ir a Suecia. Por aquí  RTVE, que tampouco é que ande para botar cohetes (en tódolos sentidos), xa se apresurou a tranquilizar ao persoal... España participará, faltaría máis. O que sí, xa andan os lamentos pola perda dos 12 puntos case seguros que Portugal adoitaba darnos. Mágoa!

Para os fans de Eurovision, déixovos a actuación de Pastora Soler no concurso.








6 de diciembre de 2012

Sen xornalistas non hai democracia

Hoxe, día 6 de decembro, celebramos a ratificación da Constitución Española por parte dos cidadáns, convocados a votar en referendum en 1978 a Carta Magna, garante do noso sistema político: a democracia constitucional. Só dúas cousas:

1. Malos, malísimos tempos para o xornalismo (máis de 10.000 xornalistas despedidos desde 2008).
2. Por isto, comparto: ¡SEN XORNALISTAS NON HAI DEMOCRACIA!.

P.D.Déixovos este videoclip feito polos traballadores de Telemadrid, en loita para defender os seus postos de traballo. Estes, os curritos de base, seguro que non son os que levaron a compañía á bancarrota. Nin son esas supostas estrelas que, como explicou a presidenta do comité de empresa en "El Intermedio" (Gonzo xenial, coma sempre), cobran soldos millonarios absolutamente escandalosos a cargo do erario público.



3 de diciembre de 2012

Liquidación por peche

Mareada queda unha despois de ler ou escoitar as novas económicas dun día calquera. A actualidade económica ofrece tal baile de cifras, porcentaxes, siglas, tendencias, previsións e augurios que non sabe unha a que aterse. Que se un día o presidente do Banco Central Europeo (Mario Draghi), asegura que a zona euro empezará a recuperarse da crise na segunda metade do 2013, de seguido hai outras voces/organismos/gobernos que saen con outras expectativas peores. Que se o Goberno español agarda que o PIB caia un 0,5% no 2013, aí está Bruselas para dicir que diso nada, monada, que as previsións din o triple: 1,4%. Que se o Presidente, Mariano Rajoy, di que non vai tocar as pensións, e acto seguido non sobe o IPC aos maiores, coa consecuente  perda de poder adquisitivo (que suma e segue).
Só son exemplos, e dende logo non serei eu quen poña en dúbida que uns e outros manexen ditas cifras, (quizais algunhas condimentadas cunha boa dose de optimismo), nin o xeito de calculalas. Nin son economista nin analista financieira, pero si que son unha xestora da economía doméstica, como toda nai de familia.
E aquí, na vida real, é onde estas previsións non me serven para nada. Por que?
1. O máis probable, visto o visto, é que non se cumplan. Explicación á cidadanía?= "Hicimos todo lo posible. Pero ES NECESARIO que os sacrifiquéis un poco más. ES  POR VUESTRO BIEN. Todos juntos podremos". Palabrería, consignas baleiras.
2. E o presente, que? O porvir está moi ben, pero é isto, está POR VIR. Agora temos que comer, pagar as facturas, sobrevivir. Todo está máis caro, a comida, o combustible, os impostos. Da mágoa ver os carteis de "liquidación por peche" en moitos comercios da Barbanza, e enterarse de que a fulanito acábano de despedir, ou de que a empresa de menganito ten serias dificultades, pero lamentablemente é algo cotiá.
Quen sabe o que pasará? Ata onde chegará este proceso de transformación da sociedade do benestar (para mal) que xa está en marcha? Hai unha frase que se repite como un mantra, e que eu mesma digo maquinalmente, "hai que ser optimistas". Por que?
É interesantísimo este artigo do escritor Adolfo García Ortega, "El estallido que viene". Do seu análise, motivos para o optimismo, ben poucos.

29 de noviembre de 2012

"Sahara libre"



En relación co post anterior, a cea solidaria celebrada o pasado sábado na Pobra e organizada pola delegación barbanzana da asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, déixovos o video que se proxectou durante a velada, que me foi facilitado polo seu autor, Ramón Martínez , de Ribeira.





27 de noviembre de 2012

Unha recomendación: "Piedras (en el desierto)"


O sábado participei, xunto cun grupo de amigos, na cea solidaria organizada pola delegación barbanzana asociación "Solidaridade Galega co Pobo Saharaui" no restaurante Pazo Torre de Xunqueiras. Unha velada estupenda para unha causa xusta. Aínda que no acto benéfico proxectouse outro vídeo, realizado por un ribeirense, déixovos aquí unha curta que me recomendou a delegada da asociación, Amparo Cerecedo, "Piedras (en el desierto)". Trátase dun documental de David Alba que, ademais de resumir de xeito claro e sinxelo a orixe do conflito, reflexa a vida nos campamentos do deserto, o pensamento e as inquedanzas dos refuxiados saharauis. Recoméndovos que o vexades.



24 de noviembre de 2012

Novas taxas xudiciais, fraco favor á loita contra a violencia de xénero


Estes días, con motivo da celebración, mañá 25 de novembro, do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, publícanse nos medios numerosas estatísticas, informes e traballos de investigación sobre o maltrato ás mulleres e, específicamente, no noso país.
Estiven a ler un informe do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, a fecha 20 de novembro, que cifra en 43 o número de mulleres mortas a mans da súa parella ou ex-parella, nos termos a que se refiere o artigo 1 da Lei 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género. Este informe mostra un pouco de esperanza, no senso de que, tomando como referencia esta mesma data (20 de novembro), é a cifra máis baixa dende o ano 2002. O ano pasado, por esta data xa faleceran 54 mulleres, cifra que chegou a 61 ao rematar o ano.
Nisto, 1 xa é unha cifra inaceptable. É preciso seguir a sensibilizar á poboación e actuar ata que a cifra sexa 0. E non só nos terribles casos de maltrato con consecuencia de morte, senón contra todo tipo de menosprezo e violencia contra as mulleres. E mentras estes existan, as Administracións non deben baixar a garda sobre os mecanismos e recursos que deben brindar ás víctimas para que poidan deixar de selo.
Neste punto, as novas taxas xudiciais do reformator Gallardón (que xa contan con voces críticas e públicas incluso no seu partido), suporán un novo obstáculo a afrontar por parte das víctimas. A presidenta do Observatorio contra la Violencia Doméstica y de Género del Consejo General del Poder Judicial (CGPJ), Inmaculada Montalbán, afirma con rotundidade: o aumento das taxas xudiciais freará a loita contra a violencia machista. Déixovos dous enlaces por se estades interesados en ampliar información.

Declaracións de Inmaculada Montalbán.
Informe Víctimas Mortales por Violencia de Género (noviembre 2012). Ministerio de Sanidad, Asuntos Sociales e Igualdad.










20 de noviembre de 2012

"Free" (gratis), esa palabra máxica

 "Free"(gratis), esa palabra máxica

Clientes no día da apertura. EL CORREO GALLEGO

 Quedei alucinada cando vin esa avalancha humana que agardou durante horas ás portas do novo centro comercial de Santiago de Compostela e como, nada máis abrir, houbo tal ansia e desesperación por entrar que o fixeron "entre carreras y empujones", din as crónicas xornalísticas (Europa Press). Regalarán algo e será un obsequio importante, pensei maquinalmente, ou non tería lóxica. Logo lin que varias das tendas facían descontos e promocións, iso sí, para os primeiros clientes. Así que a competir para ver quen gasta antes os cartos (que cousa!).
Eu entendo que se forme unha cola e se espere durante horas para conseguir un posto de traballo. Para agardar por unha cita médica. Para que te atendan na oficina do paro. Incluso para conseguir unhas entradas para un espectáculo (fútbol, un concerto..), pero no meu caso xa tería que ser moi "fan"  para soportar perder o tempo dese xeito. Pero facer cola durante horas para que te desconten 50 ou 60 euros se compras un televisor de plasma (é un dicir, non teño nin idea do que regalaban), sinceramente non o entendo. Pero está claro que o reclamo funciona. E ven á miña cabeza un refrán do meu pai que ten aquí un perfecto encaixe:"El que regala bien vende, si el que recibe lo entiende". Ven a dicir que ningúen regala nada, senón que é un investimento para conseguir vender máis.
"Free", na súa acepción de "gratis, gratuito", é unha palabra verdadeiramente máxica que nos leva ás veces a conductas que rozan o irrracional, sexa encherse a fartar no buffet libre aínda a risco de intoxicarte (tes a sensación de free aínda que xa o pagaches, e ben), ou pelexarte nas festas do pobo por un anaco de churrasco, ou encher a casa de trapallada de merchandising que non vale para nada e nunca chegas a usar. Pero é gratis.
Nunha visita que lle fixera a meu irmán cando vivía en Texas fomos un día a Dallas a ver un partido de baloncesto dos Dallas Maveriks. O estadio era impresionante e descoñezo que aforo ten, pero estaba practicamente cheo. O caso é que ao saír había montañas duns pasteliños, como bollicaos, postos en ringleiras, e a xente ía collendo. Preguntamos e resultou unha promoción para publicitar o producto en cuestión, e a xente podía levar a cantidade que quería; non había ningúen controlando; ti collías e punto. Eu estaba alucinada coa orden e tranquilidade coa que levaban os pasteis. Nin empurróns nin barullo. Se fora en España, mi madriña !!! Se ata sacarían as bolsas da compra !!!!
E, recoñezo, fun a única dos que controlei que levou dous ou tres paquetes. Os demais só colleron un. A cabra tira ao monte!!!!!

17 de noviembre de 2012

"España, destino tercer mundo"

Portada da obra. Fonte: "El País"

O título xa é todo un prefacio do que o xornalista de EL PAIS Ramón Muñoz considera que acontecerá nos vindeiros anos en España. Lin o domingo nas páxinas de Economía deste diario a reseña sobre a obra e decidín deixar aquí o enlace  para o que teña curiosidade. Non é una obra apta para optimistas recalcitrantes, nin para todo aquel que só queira oír que todo irá mellor, pois vaticina desastres que dan vértigo: suspensión de pagos da deuda, corralito financieiro e volta á nosa vella rubia, a peseta. Ninguén ten a bola de cristal, pero como se di na reportaxe e cito textualmente: "(Este libro) no se lo recomiendo a optimistas o a votantes de partidos mayoritarios. Si acaso va dirigido a algún otro lector inquieto, harto de leer las mentiras patrocinadas que le han estado contando los diarios durante tantos años".
A min a lectura da reportaxe púxome os pelos de punta. Catastrofista? O tempo o dirá.


15 de noviembre de 2012

"First we take Manhattan"



Hoxe, día post-folga xeral, e logo de escoitar todo tipo de interpretacións/valoracións, algunhas dende logo de moi baixa catadura moral, e quedar farta de oír a expresión "marca España", apetéceme colgar esta canción de Leonard Cohen, "First we take Manhattan". Non terá nada que ver, pero veume á cabeza mentres vía as movilizacións e, ademais, está xenial, así que a comparto con vós. Déixovos tamén a letra por se vos apetece botarlle un ollo.

Letra original:
They sentenced me to twenty years of boredom
For trying to change the system from within
I'm coming now I'm coming to reward them
First we take Manhattan, then we take Berlin
I'm guided by a signal in the heavens
I'm guided by this birthmark on my skin
I'm guided by the beauty of our weapons
First we take Manhattan, then we take Berlin
I'd really like to live beside you, baby
I love your body and your spirit and your clothes
But you see that line there moving through the station?
I told you I told you I told you I was one of those
You loved me as a loser
But now you're worried that I just might win
You know the way to stop me
But you don't have the discipline
How many nights I prayed for this:
to let my work begin
First we take Manhattan, then we take Berlin
I don't like your fashion business, mister
And I don't like these drugs
that keep you thin
I don't like what happened to your sister
First we take Manhattan, then we take Berlin
And thank you for those items that you sent me
The monkey and the plywood violin
I practiced every night and now I'm ready
First we take Manhattan, then we take Berlin
Remember me, I used to live for music
Remember me,
I brought your groceries in
It's Father's Day and everybody's wounded
First we take Manhattan, then we take Berlin
Traducción: Me sentenciaron a veinte años de aburrimiento.
Por intentar cambiar el sistema desde dentro.
Ahora vengo, vengo a recompensarlos.
Primero tomaremos Manhattan. Luego, Berlín.
Camino guiado por una señal del cielo.
Camino guiado por ésta marca de nacimiento en mi piel.
Camino guiado por la belleza de nuestras armas.
Primero tomaremos Manhattan. Luego, Berlín.
Realmente me gusta vivir a tu lado, cariño.
Amo tu cuerpo, y tu espíritu, y tu ropa.
Pero, ¿puedes ver esa fila moviéndose en la estación?
Te dije, te dije, te dije que yo era uno de esos.
Me amaste como a un perdedor.
Pero ahora estás preocupada porque he ganado.
Sabes como detenerme.
Pero no tienes la disciplina para hacerlo.
Cuantas noches recé por ésto:
dejar que mi trabajo comenzara.
Primero tomaremos Manhattan. Luego, Berlín.
No me gustan sus negocios de moda, señor.
Y no me gustan esas drogas
que os mantienen delgados.
No me gusta lo que le ha sucedido a su hermana.
Primero tomaremos Manhattan. Luego, Berlín.
Y gracias por esos artículos que me ha enviado.
El mono y el violín de madera contrachapada.
He practicado cada noche, y ya estoy preparado.
Primero tomaremos Manhattan. Luego, Berlín.
Recuérdame, solía vivir para la música.
Recuérdame,
le gané a tus tiendas de supermercados.
Es el día del padre, y todo el mundo está herido.
Primero tomaremos Manhattan. Luego, Berlín.
Fonte: letras-traducidas.net

11 de noviembre de 2012

O Gaiás e "Atrapa un millón"

Carlos Sobera, presentador de "Atrapa un millón"
 Fíxome gracia a nova sobre o ocorrido no concurso Atrapa un millón e a Cidade da Cultura, no que a concursante non soubo ubicar a nosa "polémica" (sic) Cidade da Cultura e apostou por Ourense en vez de Santiago de Compostela. Imaxino que non era galega, e o asunto soáballe a chino. E explícome: non me fixo gracia porque a muller perdese os cartos, nin moito menos, senón por dúas cousas. Primeiro: ten o seu aquel que o programa se chame "Atrapa un millón" e que o noso Gaiás, cual monstruo das galletas, teña atrapado más de 300, e segundo, por unha cuestión máis persoal que me fixo sorrir.
E é que non puiden evitar imaxinarme a min en tal situación (acertaba, loxicamente, como tamén é normal que nunca houbesen preguntado isto a un concursante "aborixe"). E falo de estar en tal situación porque, hai algo máis dun mes, participei nun cásting para este concurso. Vou compartir a experiencia.
O inicio da historia remóntase a algo máis de dous anos e ten unha protagonista: a miña sogra, megafan de Carlos Sobera y do programa en cuestión. Fin de semana si e outra tamén, aleccionaba a toda a familia para que chamásemos para ir ao concurso (cantos máis o fixeramos, máis posibilidades de ir ao cásting), baixo ameaza de deixar de preparar esas comidas dominicais que con tanto cariño nos prepara (isto último é coña).
Pois ben, metín os datos na páxina web (de gastar os diñeiros nisto, paso) e ¡sorpresa!, tras dous anos de agarda chámanme un día para dicirme se quero ir ao cásting a Santiago, ao hotel NH Obradoiro. Esquecérame do asunto (non é para menos) ata tal punto de que ao principio non sabía de que me falaban. Total que, máis contentas ca un cativo con un lápiz novo, alá imos cheas de ilusión, asumindo que poderiamos saír como entramos -o que pasou, e con un baixón de medo- pero conscientes de que as posibilidades son escasísimas, por ser xenerosa.
Tiñamos cita para as 12.30 horas. Entramos nunha sala onde outras parellas, asistidas por dúas mulleres da produtora, moi amables, cubrían un formulario-tipo, ó que tiñamos que engadir unha foto recente. Logo iamos pasando, en grupos de cinco parellas, á proba de cámara. Sentamos e, baixo a dirección doutra persoa da productora (con gran parecido a Isabel Coixet, por certo), tiñamos que presentarnos, contar a que nos dedicabamos e dicir a que destinariamos os cartos, en caso de gañar. A seleccionadora preguntaba, a maiores, algunha cousa. Con nós estaba unha parella formada por nai e fillo, un matrimonio, unhas irmás e uns cuñados. Moitas grazas por vir e, se nunha semana non lles chamamos, pois ata aquí chegamos, rematou máis ou menos a entrevistadora. Arrivederci! Todo foi rapidísimo, un vira vira.
Estabamos fóra, pois antes de ir miramos en Internet experiencias doutras persoas que foran ao cásting e, se tiñas algunha posibilidade, ese mismo día facías outra proba como un simulacro do concurso. O que non foi o noso caso, nin semella que o das outras catro parellas que participaron con nós.
En fin, o noso gozo nun pozo. Non vou negar que unha vez que estás alí queres que te seleccionen, e os rechazos nunca gustan. Pero de todo se aprende e agora podo contarlle aos netos que fun a un cásting para un concurso de televisión, ja, ja.
Días máis tarde coñecín a unha actriz profesional nun curso de producción audiovisual, e conteille o caso. Debe ser duro pasar por todos eses cástings e, sobre todo, ver que o teléfono non soa. Ela respondeume que é como todo na vida (unha entrevista para un traballo que finalmente non sae, unha expectativa de calquer tipo non cumprida) e que hai que afrontar a seguinte proba coa mesma ilusión e cos erros corrixidos. Ademais -díxome-, todo é relativo e entra en xogo o factor sorte; se o seleccionador xa escolleu unha muller entre os aspirantes que foron antes ca ti e precisa un home, xa non te fará caso; se é última hora e está canso de entrevistar, non te prestará a mesma atención; se xa ten cuberta a franxa de idade na que estás e necesita outra, estás fóra antes de empezar.
Quedeime con isto. O que non se consuela é porque non quere. Mechachis....!!!! E enriba me sabía a pregunta do Gaiás!!!!!!!!!!

6 de noviembre de 2012

"Pleitos tengas, y los ganes"


O latiguillo "Pleitos tengas, y los ganes", do noso refraneiro popular, ven a conto das molestias, gastos e voltas que o cidadán ten que dar cando decide recorrer á xustiza, paso que os de a pé adoitamos dar cando non queda máis remedio para defender o que consideramos unha vulneración dos nosos dereitos ou intereses. Non coñezo a ninguén que interpuxera un recurso contencioso-administrativo para "facerse oír" ou como pataleta ante unha decisión administrativa, nin que recorrese á orde xurisdiccional social por puro capricho nun conflito laboral, senón porque as leis recollen dereitos que cren que foron vulnerados. Vamos, por pura necesidade.
Di o goberno, entre outras xustificacións, que abusamos dos recursos, e como remedio a tanto libre albedrío, as novas taxas xudiciais funcionarán como elemento disuasorio. E ten razón, porque disuadirán a quen, directamente, non as poida pagar. Colectivos de xuíces, fiscais e avogados xa se teñen manifestado no senso de que o aumento de ditas  ditas taxas é de dubidosa constitucionalidade, pois o artigo 24 da Constitución española recolle que: "Todas las personas tienen derecho a obtener la tutela efectiva de los jueces y tribunales en el ejercicio de sus derechos legítimos, sin que, en ningún caso, pueda producirse indefensión".
E engaden que se creará un sistema de xustiza para os ricos e outro para os pobres, algo que, ao meu xuízo, xa ocorre, pero que desta volta agravarase aínda máis. Lembro un estupendo reportaxe de Jordi Évole sobre o funcionamento da xustiza en España, no que entrevistou ao xurista José María Mena, ex fiscal jefe del TSJ de Cataluña. Ante a clásica pregunta: ¿Cree que la justicia es igual para todos? non puido ser máis contundente: "La justicia DEBE ser igual para todos, no es igual para todos y esto lo sabe todo el mundo; para los desfavorecidos por la fortuna, las posibilidades de que la justicia les pille son infinitamente mayores".
Déixovos un enlace a un artigo do avogado Miguel Diéguez, "El ataque a la tutela judicial, de Caamaño a Gallardón", publicado no blog de CCOO Xustiza, realmente clarificador sobre como nos afecta esta nova lei de taxas que xa foi aprobada co "rodillo" da maioría e con toda a oposición en contra.






1 de noviembre de 2012

Monster High, divinas de la muerte


A que non adiviñades que estivemos a ver esta noite de Halloween? The Ring, a aposta de A3 (moi boa, pero prefiro a orixinal de Hideo Nakata)? Tirar de deuvedé e revivir La matanza de Texas ou a mítica Viernes 13? Frío, frío. A nosa elección foi un tanto máis descafeinada: Monster High, una fiesta divina de la muerte. Si, éche o que ten deixarlle o mando ás cativas. As aventuras de Clawdeen Wolf, Draculaura,  Cleo de Nile e compañía víronse suspendidas varias veces para dar paso á publicidade de rigor por estas datas: materia prima para que Papá Noel e Os Magos de Oriente vaian tomando nota de por onde irán os tiros este ano. E, polo que vin, semella que a estética terrorífica das Monster High, que tantos quebradeiros de cabeza trouxeron o Nadal pasado tanto aos Reis como a Santa ante o esgotamento de existencias, ten visos de reproducirse. As bonecas, e todo o merchandising xurdido ao redor delas, son un éxito, tanto que xa existen outras marcas que lanzaron ao mercado produtos similares. Como en todo, as tendencias no sector xogueteiro tamén mudan co tempo (quen pensaba que Barbie sería destronada!) e teñen o seu revival; por exemplo, a min encántame a boneca por excelencia da miña época: a Nancy. Unha boneca que volve a estar de moda, sobre todo, as de color (ata o punto de que preguntei por elas e nunha xoguetería de Ribeira me dixeron que era moi difícil conseguilas e que se esgotaban en horas). Non é só nostalxia, que tamén, senón que como reza un dos seus anuncios, é "Nancy, la más bonita". E, que queredes que vos diga; entre colmillos, escamas e serpes, quédome ca beleza da Nancy. Aquí segue, sen tanto merchandising e sen serie de televisión. Un clásico.






28 de octubre de 2012

Truco o trato

Unha cabaza "princesa" e outra caracterizada como "Minnie Mouse" aqueixada de sarampelo ou algo así
O 31 celebraremos unha noite máxica, a noite do Samaín. A miña filla maior non deixa de insistir en que fagamos o percorrido polo barrio a petar nas portas e a dicir "truco o trato" (o famoso "trick or treat" que ve nas series inglesas e americanas) para arrepañar unhas poucas chuches ou doces. Fártome de dicirlle que eiquí non temos ese costume (aínda que nestes últimos anos si que viñerona algúns cativos disfrazados pola miña casa), pero se finalmente remato sucumbindo á súa petición vereime porta por porta, oculto o sentido do ridículo tras algún disfraz de meiga, pantasma ou algunha alternativa de andar por casa. O conto é que xa preparamos as cabazas; logo de baleiralas, a maior decorou a súa como unha "Minnie Mouse" un tanto sinistra e aqueixada de sarampelo ou algún outro brote, e a peque optou por disfrazala de princesa (onde haxa unha princesa, que se quite o demais!). Para elas, será a noite de Halloween pero tamén a nosa, o Samaín. Reproduzo aquí o seu significado, feito polo equipo de Dinamización Lingüística do E.E.I. Fernández Varela: "Palabra gaélica que significa a fin do verán, principio do inverno (as dúas estacións dos celtas). Os pobos celtas (Galicia, irlanda, distintas zonas de Gran Bretaña...) celebraban o comezo do novo ano no tempo do Samaín, que para eles se iniciaba co cambio de estación, coas colleitas... fest que máis tarde se popularizaría na América Latina, logo de que a Igrexa tratara de cristianiza-la celebración entre os séculos VIII e X. Na noite do 31 de outubro os homes convocaban a asemblea máis importante do ano, que remataban cunha gran cea a base de carne de porco, castañas e hidromel. Era a noite máis perigosa do ano: as almas dos mortos regresaban a visitar os fogares da terra.... Para manter ós espíritos contentos e afasta-los males dos seus fogares, os celtas deixaban comida e doces fóra do fogar; unha tradición que se converteu no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa pedindo doces".
 Que teñades un bo e terrorífico Samaín.

27 de octubre de 2012

A miña estrea na escea cinematográfica


Eiquí está. A miña estrea (e a do meu home; en que "fregaos" o ando a meter!) na escena cinematográfica. É o traballo que tiñamos que presentar (unha curta de 3 minutos máximos de duración) os alumnos do curso de producción cinematográfica que rematei a semana pasada, no que, por certo, coincidín cuns compañeiros estupendos. Tremer, Tarantino non tremerá, pero... que risas botamos na rodaxe! Un cachondeo! Agardo que polo menos tamén sonriades coa historia. E, xa para os críticos de cine, un pouquiño de compaixón. Por favor.


20 de octubre de 2012

Salvemos o xornalismo !!!

Membros do Club Exxpopress durante a homenaxe a Pepe Domingo Castaño no Parque da Comunicación de Boiro
 Esta semana participei en Boiro no acto do Club Exxpopress no que se distinguiu a traxectoria profesional do xornalista Pepe Domingo Castaño, un dos galardoados nesta edición dos premios que concede anualmente este colectivo integrado por profesionais da comunicación e doutros eidos sociais. Nos discursos alí pronunciados destacouse, como non, o papel dos medios e dos profesionais na nosa sociedade (imprescindibles, ao meu xuízo, para a defensa da convivencia democrática, a pluralidade e a xustiza social), pero non houbo referencias á difícil situación que está a atravesar o sector, nin á transformación que está a experimentar co auxe dos soportes dixitais, as novas canles de difusión e as preferencias do cidadán á hora de elixir como manterse informado. Quizais, nese contexto de celebración no que estabamos, non fose oportuno ou "protocolario" facelo. Pero comentáronme que, posteriormente, o Director Xeral de Medios, que tamén asistiu ao acto, si falou con xornalistas locais deste asunto, e polo que me dixeron, mostrou a súa preocupación e informoulles dalgunhas iniciativas que pretende por en marcha para reciclar e formar a tantos profesionais da comunicación en situación de desemprego, froito de EREs, peche de televisións e radios locais, reestruturación de cabeceiras, etc. Mañá hai eleccións e os galegos expresaremos a nosa vontade. Sectores estratéxicos (naval, marítimo-pesquero, leiteiro, agro, etc.), servizos básicos, educación, sanidade ocuparon cuantiosos titulares durante a campaña. Quen goberne, debe tamén procurar fórmulas que axuden a reactivar este sector, que apoien ás empresas que desexen sacar adiante o seu proxecto. E, desde logo, non pasan por pagarlle o favor aos medios que regalan aos seus lectores a papeleta electoral (cando lin que un xornal facilitaba nas súas páxinas a de Mario Conde non daba creto!!! Como está o patio!!!). Nin outras fórmulas moito máis sutís, entendémonos.


16 de octubre de 2012

Dez anos do "Prestige"

Imaxe tomada en Fort Worth en novembro de 2003
 Lendo e escoitando as informacións de hoxe sobre o arranque do xuízo do "Prestige" , preto dunha década despois da catástrofe,  resultoume imposible non trasladarme a eses dez anos atrás. Como estaba? Que facía? Pois traballaba nun medio de comunicación e, polo tanto, tódolos compañeiros vivimos e compartimos os desvelos e angustias das xentes do mar naqueles dramáticos días. Testimonios recollidos a pé de chapapote, ou mesmo na casa (a miña nai, agora xubilada, era mariscadora), cos amigos... aquelo foi terrible. Xurdiu o movemento Nunca Máis, a maior movilización social que, ao menos eu, recordo en Galicia, e que continuou coa súa loita ao longo deste tempo; de feito, o clamor de Nunca Máis volveuse sentir hoxe na Coruña. En novembro de 2003, un ano despois do desastre, estiven de viaxe en Texas e hospedeime en Fort Worth, nunha urbanización na que vivían varios profesores españois que traballaban alí. Que emoción sentín cando vin a bandeira de Nunca Máis no seu salón!! Non puiden evitar fotografiarme con ela desta guisa (sombreiro tejano típico), e hoxe saqueina do baúl dos recordos (álbumes de fotos en papel; que tempos!). Agora, dez anos despois, que se faga xustiza.

14 de octubre de 2012


Iogurt xeado de nata e chocolate con lacasitos e fresas, a opción das nenas



Castañas asadas ¡riquísimas!

O sábado cruzamos o charco (conformémonos coa nosa ría) para dar unha volta por Vilagarcía, unha cidade que me encanta para pasear coas nenas, non só polo paseo marítimo e os parques infantís, senón pola animada e ampla zona peonil. Ao chegar preto do centro, un inconfundible aroma chegou ata nós, dóce, cálido, queimado. ¡Castañas asadas! Alí estaba o vendedor, co seu carriño e a súa bata, atento á clientela e ao fogón, a despachar esta delicia de outono en cucuruchos de papel. A min esta estampa sempre se me antollou antiga, como unha foto fixa que permanece invariable a pesares do transcurso do tempo. As nenas apresuráronse a pedir; como non! Pero xa era a segunda petición: a súa primeira opción quedaba uns metros atrás, en forma de iogurt xeado acompañado de lacasitos, chucherías, froitas e un sinfín de combinacións posibles. Como resistirse a ese mostrador, fortemente iluminado con neón rosa e branco, repleto de vistosos xeados e batidos que xa entraban polos ollos? A dependenta, uniformada dacordo co neón, preparaba os pedidos dos clientes, servidos tamén en vasos de plástico corporativos, co logotipo da cadea de xeados. Que contraste co señor das castañas, o seu humilde carriño, os seus cucuruchos feitos con periódico! Elas decantáronse polo iogurt xeado pero ¡tampouco lle dixeron que non ás castañas!

11 de octubre de 2012

"Ghandía Shore" ou aquí hai cacho

Protagonistas de "Gandía Shore". EL PAIS.


 Un dos hits da actualidade é o ministro Wert e a súa morriña polo "espíritu nacional", pero hoxe chamoume a atención o seguinte titular en EL PAÍS "Sexo, juergas y garrulismo a la española".  Trátase dunha reportaxe sobre Gandía Shore, uno novo programa televisivo da MTV que ven a ser a adaptación castiza dun reallity americano que arrasa chamado Jersey Shore. Vamos, españolizando (que diría Wert) cacho. Porque diso se trata: de ver os desfases nocturnos dun grupo de chonis e brothers tuneados e adictos ás supermini prendas por locais de moda e discotecas, e devorar as experiencias íntimo-hoteleras, consistentes basicamente en sexo, sexo, sexo e... que máis? Ah! trifulcas e conspiracións (imprescindibles en todo reality que se precie) Teño visto algún fragmento de Jersey Shore. E, en fin, estou curada de espantos. O do famoso edredoning dos primeiros "Gran Hermano", peccata minuta. Aquí hai cacho.

9 de octubre de 2012

Treme, Tarantino !!!

Mañá á mañá retomo o curso de producción audiovisual no que ando metida desde hai un par de semanas. Treme, Tarantino, que aí vou eu !!! O caso é que esta é unha de varias accións formativas que levo feitas na aula do Concello de Boiro da "Red de Centros para la Modernización y la Inclusión Tecnológica" (Red CeMIT) que puxo en marcha hai anos a Xunta de Galicia para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre a sociedade galega. Ensino recoñecido pola propia Administración co correspondente título e acceso gratuíto a formación de calidade que, impartida por centros privados, suporía un desembolso económico imposible de asumir por moitos de nós son algunhas das características que eu destacaría deste servizo. E tamén o feito de ser un punto de encontro interxeracional e aberto a todo tipo de perfís (maiores que teñen a súa primeira experiencia cun ordenador, fenómenos das redes sociais, profesionais que desexan adquirir novas competencias...). Estes días nos que os nosos candidatos desplegan toda a súa maquinaria capta-votos, nos que a tesoira queda relegada momentaneamente (sorpresas haberá), quero resaltar o bo plantexamento e utilidade deste servizo, pois a formación é unha ferramenta básica na loita contra o desemprego. En resumen: o que funciona ben, non tocalo salvo para melloralo.

8 de octubre de 2012

Habemus debates

Faltan poucas horas para o primeiro dos tres debates entre os candidatos das principais forzas políticas que concorren ás eleccións galegas do 21-O. A nosa TVG emitirá esta noite o face to face entre Alberto Núñez Feijóo e Pachi Vázquez; unha confrontación de argumentario, posta en escea e forza da comunicación non verbal que promete, sobre todo despois dunha fin de semana repleta de enquisas. Haberá que velo, e mañá teremos a análise que uns e outros (partidos) e uns e otros (analistas, comentaristas políticos, expertos en márketing, estrategas varios, etc.) farán do que o debate dou de si. Non vin o debate Barak Obama vs Mitt Romney, pero tódolos medios deron por boa a victoria do candidato republicano a pesares das enquisas a favor de Obama e a súa evidente habilidade oratoria e capacidade de reacción.
Hoxe: 21.30 horas (TVG)

PP de Galicia          VS 


5 de octubre de 2012

"Se ti les, eles len"

A miña filla maior levoume esta semana a unha estupenda iniciativa do CEP Salustiano Rey Eiras, dentro da campaña de animación á lectura, que leva por título "Se ti les, eles len". Un slogan moi recurrido, pero certo, pois os nenos imitan e repiten, para o bo e para o malo, as conductas que observan na casa. A iniciativa consiste en dúas exposicións de libros que estaban na biblioteca do centro, resultado do expurgo da mesma, e que podemos levar á casa como agasallo. Son, loxicamente, exemplares antigos, pero non por iso carentes de valor. Na miña procura do libro co que me quedaría, non puiden evitar sorrir con algún deles, ao comprobar que xa pertencían á biblioteca do colexio público "Fernández Varela", seguramente cando eu estudaba a EXB alí. ¡Que tempos! Nostálxica que é unha (non lle teño que facer), decanteime por un libro titulado "La escalera de cristal", de Zaira Regini Venturini. Por dous motivos. Un: é literatura de intriga e aventuras para rapaces tipo "Los cinco", que tanto me encantaban. E dous: na primeira páxina ten a seguinte dedicatoria: "Quiero donar este libro a la biblioteca del colegio mixto Fernández Varela, para que todos sus alumnos que estudian en él puedan disfrutar de su lectura, como yo lo he hecho. Vuestro amigo, S.P. Puebla del Caramiñal, 13/02/84". Seguro que daquela non imaxinaría que o seu preciado libro acabaría en mans dunha nai de familia, que estudiou nese mesmo centro, e que pretende compartilo coa súa filla.

2 de octubre de 2012

Tarde piaches



Leo na Voz de Galicia (apartado eleccións autonómicas) o seguinte titular: "Feijóo carga en su programa contra las subidas de impuestos". Bo é sabelo. Coincido con el eu, o veciño, o amigo, o primo de Albacete...todos cargamos contra a suba dos impostos. Leo a nova enteira e en ningún momento di esta frase textual, pero se recolle que, implicitamente, o seu programa rexeita a suba de impostos "dobremente contraproducentes" e si aposta por outras vías recadatorias como loitar contra o fraude. Nada que obxectar ao segundo, faltaría máis. Pero o primeiro, como dicimos por estes lares, ¡tarde piaches! Se se trata de rectificar o que se considera unha política errada, benvido sexa. Pero as subas de impostos ás que fomos sometidos, sobre todo neste último ano, tanto directa como indirectamente, son unha realidade. Aumento do prezo da matrícula nas garderías públicas da rede "A Galiña Azul", suba das matrículas universitarias, a recente e brutal do IVE, das taxas municipais (estiven comparando os meus recibos do IBI e taxa do lixo de 2011 e 2012 e quedei alucinada).. e así poderiamos seguir ata mañá. Ah!! E o último: o recibo do auga (aquí na Pobra pagámolo trimestralmente) incrementado polo famoso canon de Aguas de Galicia, vixente desde o 1 de xullo, e que supuxo uns cantos eurillos máis para a economía doméstica. Así que bo é saber que non é a súa intención exprimir máis aos de sempre. Repito: apartado eleccións autonómicas (ler con precaución).


30 de septiembre de 2012

Como facer que te toque a lotaría sen poñer un peso


Eu mesma fun xogadora habitual de lotaría, das que seguen o ritual: Primitiva para xoves e sábado, Gordo da Primitiva os domingos (tódalas fins de semana sen excepción)....; hábito que remataba coa irremediable cara de póker que se me quedaba ao comprobar que non tiña nin o reintegro. Agora aposto, pero moito menos; se algún día estou preto dun establecemento e teño o impulso, pois gasto algún eurillo, e merco algún boleto en Nadal (por tradición) pero sen esa especie de "enganche" que tiña antes. O meu home nunca gastou un peso en lotaría (salvo compromisos ineludibles; que se o boleto do club de fútbol, a asociación tal) e, como persoa de números e finanzas que é, tratou en varias ocasións de explicarme que, por pura estadística/probabilidade matemática, apostar é como ir sementando o mar de billetes: nunca se reproducirán e nunca os poderás recuperar. ¡Sempre lle toca a alguén! ¡Aquí non hai ningún truco!, apelamos, un tanto cabreados, os xogadores de pro, feridos no noso orgullo. ¡Se non xogas, si que é imposible que te toque!, frase socorrida coa que adoitamos rematar este tipo de conversas. E aquí é onde nos equivocamos. O Estado (Facenda) só destina a premios unha parte do recaudado; o resto queda para o peto. E, como sen dúbida souberon polos medios de comunicación, a partir do vindeiro ano está previsto que todo aquel premio que exceda de 2.500 € estará gravado nun 20% na parte que exceda de tal cantidade. Ou sexa, que o fisco queda co 20% de toda a parte do premio que pase desta cifra. Noutras palabras, que si que é posible que te toque a lotaría sen poñer un peso.

P. D. O que mercas non é lotaría, senón ilusión!




27 de septiembre de 2012

A maioría silenciosa




¡Vaites! Resulta que o noso Presidente do Goberno recoñece simpatías cara a cidadanía mansa e caladiña.¡O soño de todo político! Rajoy alaba nos EEUU "a la mayoría de españoles que no se manifiestan, que no salen en las portadas de la prensa y que no abren los telediarios. No se les ven, pero están ahí, son la mayoría de los 47 millones de personas que viven en España. Esa inmensa mayoría está trabajando, el que puede, dando lo mejor de sí para lograr ese objetivo nacional que nos compete a todos, que es salir de esta crisis (...) Fuente, EL PAÍS.  Ah!!!!... resulta que os que se manifestan, os que protestan, os que discrepan, non traballan (os que teñen onde), non loitan polo seu futuro nin pola recuperación do país. Lembrei unha anécdota deste verán preto de Saldaña (Palencia), onde nos vimos sorprendidos por un rebaño de ovellas que cruzaba a estrada obediente e eficientemente dirixido polos seus pastores. Lembreino logo de ler o da maioría silenciosa.

25 de septiembre de 2012

"Austeridad y hambre" en España, New York Times


Foto: Samuel Aranda (The New York Times)

 Acabo de ver as 15 imaxes coas que The New York Times retrata a "la austeridad y el hambre" en España. O fotógrafo Samuel Aranda inmortaliza en branco e negro o difícil presente e sombrío futuro deste país. Unha familia a piques de ser desahuciada, o movemento 15-M, marchas reivindicativas, un home remexendo nun contenedor, un comedor social ...a tristura e a necesidade. A prensa nacional faise eco desta reportaxe e xa temos reaccións furibundas a tal afrenta a este país que "se rompe" (por enésima vez).  Como se atreven? E que acaso en EEUU non hai pobres e marxinados? Esa non é a imaxe de España, por Dios!! Quen vai confiar en nós se o país do pérfido Obama se dedica a boicotear a marca España? Non todas os comentarios son así, por fortuna. As imaxes son REAIS. Está claro que se mostran situacións extremas de miseria e desesperación, pero é que EXISTEN. Tamén existen as festas en Ibiza con champán de miles de euros, a Marbella dos multimillonarios e os iates de luxo, investigadores españois que son referentes mundiais, científicos, cociñeiros e deportistas "estrela".. pero é que nesta ocasión a reportaxe ía sobre a crise económica e o seu efecto devastador.

22 de septiembre de 2012

"Os Bolechas", estrelas da televisión



Os Bolechas "fichan" pola TVG!!! E nada menos que polo "Xabarín Club", programa que (non podo evitalo), relaciono irremediablemente coas aventuras de Son Goku, Ten Shin Han e compañía nesa repoñedísima serie manga que viamos tódolos adolescentes na miña época, "Bola de Dragón". A miña filla maior, que ten sete anos, non coñece a Son Goku, pero si a Pili, Sonia, Tatá.... e por suposto a Chispa, o can da familia. Durante a súa etapa en Educación Infantil, moitas foron as fins de semana nas que traballamos a lectura, a comprensión e a escritura dun xeito ameno grazas a esta obra de Pepe Carreiro. Os Bolechas se disfrazan, van á compra, celebran un aniversario e ata viaxan aos xogos olímpicos; recrean situacións cotiás. Logo de ler o libro que correspondese, facía a ficha ¡e pasaba un bo rato! Agora, en Primaria, xa non trae estas tareas, pero non perde ocasión de coller outra nova aventura dos Bolechas na biblioteca do colexio ou na municipal. Alégrome de que lle guste a lectura, de que lle guste ler en galego e de que estes personaxes protagonicen o salto á televisión. ¡Estas si que son unhas estrelas!


20 de septiembre de 2012

E segue o peche de medios de comunicación

 Como un incesante goteo, van botando o peche medios de comunicación locais, autonómicos e estatais.
Xornal de Galicia, Galicia Hoxe, Público ... son algunhas das cabeceiras que deixaron de saír á rúa en papel para, nalgús casos, continuar na rede, e noutros directamente desaparecer. Medios de comunicación públicos e privados atravesan momentos de dificultade debido á caída de ingresos de publicidade, o peche do grifo das subvencións públicas por parte dunhas administracións endebedadas e, nalgúns casos, por unha errónea ou deficiente xestión empresarial. Descoñezo a traxectoria da televisión pública de Ponteareas, a súa fórmula de xestión e se hai alternativas para salvala, pero o peche dun medio de comunicación nunca é unha boa nova, nin para os cidadáns nin para os que eliximos esta profesión. É motivo de tristura, pola merma do pluralismo informativo, de canles de información e de vehículos de expresión.

19 de septiembre de 2012

Onde mercan os pobres




Teño que confesalo: o luns fun de compras a un gran centro comercial da Coruña, disque un dos máis grandes de España. E son reincidente:  tódolos luns de Nazareno (festivo local na Pobra do Caramiñal), un grupo de amigas seguimos un ritual: deixar aos pequenos cos pais e marchar a Vigo, Coruña, Santiago... de compras. Nin que decir ten que o de comprar é case o de menos (aínda que remexer, remexemos abondo); trátase dun encontro para comer xuntas, cotillear.. en definitiva, divertirnos. E os pais, aliviados (si, si, están a ler ben... entre soportar un día de compras ou coidar dos cativos, opción B como mal menor).
Chegamos sobre as 10.30 horas ao centro comercial en cuestión. Case ninguén... será moi cedo. Ao longo da mañá vaise animando a cousa pero non hai problemas para andar por alí, nin colas nas caixas, nin agardar para comer.. nada de nada. Iso sí, é luns e por riba un luns de setembro logo da volta ao cole, sinónimo de mes de gasto e petos baleiros. A partir das 18.00, 19.00 horas si que hai moitísima máis xente (incluso atascos puntuais nos accesos); imaxino que coma nas fins de semana.
Boto un vistazo polas tendas de marcas de luxo ou como queira que se chamen, pero claramente orientadas a un nivel adquisitivo alto. Practicamente baleiras. Triunfa o "low coast", éche o que ten a necesidade. A xente desfila con bolsas e bolsas dunha coñecida marca de roupa e complementos baratos; sen dúbida é unha das que máis facturan nese complexo comercial. Charlando do asunto cun familiar que viviu hai anos en Londres, comenta: "Ah, si. Esas tendas xa as había alí antes; é onde mercaban os pobres". Chegou a nosa hora.

15 de septiembre de 2012

ANOITECER EN CABÍO

Fermoso! Verdade? É a imaxe do fin dunha tarde estupenda na praia de Cabío (o venres), feita xusto cando se estaba a poñer o sol, rematada por un percorrido polo paseo e o mirador desde o que hai unhas vistas preciosas da ría, A Illa de Arousa, Rúa... Por este ano, despedímonos da praia, pero non de intres de lecer nesta bela paisaxe.

13 de septiembre de 2012

A volta ao cole

O verán rematou onte; non de xeito oficial, claro, pero si para nenos e pais coa volta ao cole. Un retorno ás aulas cada ano máis temido e non precisamente polos cativos, senón polos proxenitores. Temido polo desembolso en libros e material escolar, este ano agravado pola brutalidade da suba do IVE, e temido polos recortes en docentes que, indiscutiblemente, repercuten de xeito negativo na calidade formativa. Xa hai rumores de que o vindeiro ano non haberá practicamente axudas para libros (reduciranse a casos de familias en pobreza extrema) e, a este paso, non é descabellado pensar que haberá que sufragar outras cousas subvencionadas, nalgúns casos, como é o transporte. A rebelión do "tupper" foi a resposta cidadá na Comunidade de Madrid aos recortes da "lideresa". Aquí en Galicia semella que, polo de agora, o curso despega máis tranquilo que o ano anterior. Imaxino que seguirán as protestas do profesorado do ano pasado, traducidas en días de folga e reducción/eliminación de actividades fóra do horario lectivo, medidas de presión que tomaron obrigados polos recortes e en defensa do ensino público. Sei que hai pais que non comparten estas medidas, pero na miña opinión, aparte de que están no seu dereito de reivindicar os seus intereses como colectivo, os recortes á docencia son en realidade un ataque ás posibilidades de futuro dos nosos fillos. Polo tanto, EN DEFENSA DA EDUCACIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE.


Vídeo sobre a suba do IVE. Fonte: Youtube