¡Vaites! Resulta que o noso Presidente do Goberno recoñece simpatías cara a cidadanía mansa e caladiña.¡O soño de todo político! Rajoy alaba nos EEUU "a la mayoría de españoles que no se manifiestan, que no salen en las
portadas de la prensa y que no abren los telediarios. No se les ven,
pero están ahí, son la mayoría de los 47 millones de personas que viven
en España. Esa inmensa mayoría está trabajando, el que puede, dando lo
mejor de sí para lograr ese objetivo nacional que nos compete a todos,
que es salir de esta crisis (...) Fuente, EL PAÍS. Ah!!!!... resulta que os que se manifestan, os que protestan, os que discrepan, non traballan (os que teñen onde), non loitan polo seu futuro nin pola recuperación do país. Lembrei unha anécdota deste verán preto de Saldaña (Palencia), onde nos vimos sorprendidos por un rebaño de ovellas que cruzaba a estrada obediente e eficientemente dirixido polos seus pastores. Lembreino logo de ler o da maioría silenciosa.
O título deste blog é unha referencia ao Monte Curota e á Serra do Barbanza, mirador desde o que pretendo observar e analizar o que acontece neste noso redor máis próximo. Pero tamén é un espazo de opinión sobre o que nos afecta e sobre inquedanzas personais. E, por suposto, é unha clara referencia a "La montaña mágica" de Thomas Mann, un dos meus libros favoritos.
"La crítica es el origen del progreso y las luces de la civilización" (La montaña mágica)
No hay comentarios:
Publicar un comentario