Cambiar idioma

25 de septiembre de 2012

"Austeridad y hambre" en España, New York Times


Foto: Samuel Aranda (The New York Times)

 Acabo de ver as 15 imaxes coas que The New York Times retrata a "la austeridad y el hambre" en España. O fotógrafo Samuel Aranda inmortaliza en branco e negro o difícil presente e sombrío futuro deste país. Unha familia a piques de ser desahuciada, o movemento 15-M, marchas reivindicativas, un home remexendo nun contenedor, un comedor social ...a tristura e a necesidade. A prensa nacional faise eco desta reportaxe e xa temos reaccións furibundas a tal afrenta a este país que "se rompe" (por enésima vez).  Como se atreven? E que acaso en EEUU non hai pobres e marxinados? Esa non é a imaxe de España, por Dios!! Quen vai confiar en nós se o país do pérfido Obama se dedica a boicotear a marca España? Non todas os comentarios son así, por fortuna. As imaxes son REAIS. Está claro que se mostran situacións extremas de miseria e desesperación, pero é que EXISTEN. Tamén existen as festas en Ibiza con champán de miles de euros, a Marbella dos multimillonarios e os iates de luxo, investigadores españois que son referentes mundiais, científicos, cociñeiros e deportistas "estrela".. pero é que nesta ocasión a reportaxe ía sobre a crise económica e o seu efecto devastador.

2 comentarios:

  1. os do new york times,teñen que darse unha volta por manhattan e brookling,ali teñen moito desto,moito mais ca en españa e europa xuntas,e tes que andar con coidado de que non che metan un navallazo,porque xa lle pasou a dous do barco que andaba eu,escaparon por patas,asi que os americanos que limpien primeiro a sua casa,que teñen moita mais merda ca todo europa,e que levanten a alfombra,que ali si que teñen moito desto,que barran primeiro a sua casa.

    ResponderEliminar
  2. Bo día, Juan Francisco, e grazas por aportar a túa opinión, pois todos os puntos de vista, si se mostran con respecto, son sempre enriquecedores. Evidentemente existe miseria e delincuencia nos EEUU, pero o que eu quería destacar é esa reacción esaxerada e furibunda dalgúns medios de comunicación deste país a ese reportaxe, que interpretaron iso como unha afrenta, un ataque a la "marca España", algo intolerable, etc. etc., etc. E para min é unha reacción ridícula. Que teñas un do bía !!!!! I

    ResponderEliminar