Cambiar idioma

6 de diciembre de 2012

Sen xornalistas non hai democracia

Hoxe, día 6 de decembro, celebramos a ratificación da Constitución Española por parte dos cidadáns, convocados a votar en referendum en 1978 a Carta Magna, garante do noso sistema político: a democracia constitucional. Só dúas cousas:

1. Malos, malísimos tempos para o xornalismo (máis de 10.000 xornalistas despedidos desde 2008).
2. Por isto, comparto: ¡SEN XORNALISTAS NON HAI DEMOCRACIA!.

P.D.Déixovos este videoclip feito polos traballadores de Telemadrid, en loita para defender os seus postos de traballo. Estes, os curritos de base, seguro que non son os que levaron a compañía á bancarrota. Nin son esas supostas estrelas que, como explicou a presidenta do comité de empresa en "El Intermedio" (Gonzo xenial, coma sempre), cobran soldos millonarios absolutamente escandalosos a cargo do erario público.



5 comentarios:

  1. Dúbido moito da regra de tres que expós, Ana. De feito abondame con ver a tantos xornalistas oubeando ou cuspindo aldraxes nos medios de comunicación mantidos só por argumentos alimenticio-partidistas.
    Entendo eu que a democracia é "a consecuencia" da mestura dunha ampla selección de cousas diversas. Entre elas coido que ha de estar a transparencia. Só cando os xornalistas exerzan tal transparencia serían necesarios á democracia, mais só necesarios non imprescindibles.

    ResponderEliminar
  2. Recoñezo que a min tamén me da ás veces noxo pertencer a este gremio cando vexo a certos xornalistas ou "comentaristas de actualidade", "tertulianos", etc.perdendo o cú (perdón pola expresión) por ver quen lle da máis xabón ao goberno ou grupo de presión de turno, manipulando información para xustificar o inxustificable e mintindo deliberadamente. Pero coido que a liberdade de información é o noso ben máis prezado en democracia: poder facilitar á cidadanía a información necesaria para que pense, opine e actúe; exercer de "vixías" do que fan os nosos representantes, etc. Coincido en que o xornalismo transparente e libre é o verdadeiramente útil, e que nestes intres é cada vez máis difícil practicalo, pero todavía existe. E tamén grandes profesionais que se arriscan. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É ben certo que a liberdade de información e un ben sen prezo e moi necesario para a democracia. Pero hai que exercela. Verás, non sei si sabes que son capitán da Mariña Mercante. Suponse que o capitán é a derradeira persoa en deixa-lo barco ou, ainda máis aló, afundirse con el: lembras o Costa Concordia?
      Sen máis.

      Eliminar
    2. Boas de novo. Sí, sabía, e tes razón en que debería ser o último en abandoar o barco, pero lamentablemente creo que estamos instaurados no sistema de "sálvese quien pueda", independentemente das responsabilidades que teña cada un. E isto aplicado a tódolos eidos da vida.

      Eliminar
  3. É a liberdade de información unha extensión da liberdade de expresión ou só unha consecuencia?
    Por certo, abundando no senso corporativo, suponse que os capitáns dos barcos son os derradeiros en abandoa-lo barco: lembras o caso do Costa Concordia?

    ResponderEliminar