Cambiar idioma

13 de diciembre de 2012

Portugal; cando as barbas do veciño vexas cortar...

Leo que Portugal rebaixará dos 20 días que aplica agora a 12 a indemnización legal por despido, seguindo as esixencias da "troika" formada polas institucións que moi amablemente lle prestaron 78.000 millóns de euros en concepto de rescate. Pero, amigos, a vaquiña polo que vale, e iso de prestar a cambio de "Muito obrigado" e un sorriso (como aínda veñen predicando algúns), nada de nada. Os homes de negro impóñenlle máis sacrificios aos nosos veciños; aquí gratis non hai un céntimo.
A Reforma Laboral aprobada este ano polo Goberno introduciu unha serie de cambios co único obxectivo de abaratar o despido. Un dos máis polémicos é a ampliación dos casos aos que unha empresa pode acollerse (vamos, máis manga ancha) para presentar un ERE, caso no que a indemnización ao traballador queda nos 20 días cun máximo de 12 mensualidades. Isto foi unha sacudida aos dereitos conqueridos ao largo de moitísimos anos. Pero, como unha machacona letanía, "é polo voso ben".
Dende o martes, o FROB xa ten un primeiro avance de 39.500 millóns de euros de rescate bancario, aportado para recapitalizar as entidades bancarias nacionalizadas que todos sabemos e que foron xestionadas? como todos sabemos (é un dicir; seguro que coñecemos o mínimo). Pero son moitas as organizacións políticas, empresariais, económicas, que piden a gritos un rescate total xa, ou directamente nos afundimos.
Rescate absoluto. Se isto ocorre, a "troika" vixiará, como ao noso veciños Portugal, os seus cartiños. 20 días de indemnización? Verémolo.
Por certo, que Portugal non participará o vindeiro ano no festival de Eurovisión a causa da crise. Anda mal de fondos e prescinde de ir a Suecia. Por aquí  RTVE, que tampouco é que ande para botar cohetes (en tódolos sentidos), xa se apresurou a tranquilizar ao persoal... España participará, faltaría máis. O que sí, xa andan os lamentos pola perda dos 12 puntos case seguros que Portugal adoitaba darnos. Mágoa!

Para os fans de Eurovision, déixovos a actuación de Pastora Soler no concurso.








5 comentarios:

  1. "polo voso ben". Isto é o que lle dí o maltratador á muller cando malla nela, xusto antes de que a mate de "tanto amor"

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tal cual. Aquí todas as medidas se toman "polo noso ben", pero sen consultarnos e apelando a "la masa silenciosa que no se manifiesta". Calou tan fondo a mensaxe de que todos temos que arrimar o ombro, que todos temos que sacrificarnos para saír adiante, que todos somos responsables da crise... que teño a sensación de que cada vez estamos xa como máis achantados, resignados en definitiva, e apelando ao manido "Virgencita que me quede como estoy".

      Eliminar
  2. Esto e un espectáculo... Temos un circo cheo de paiasos..

    ResponderEliminar
  3. E que o digas !!! O que pasa que os paiasos en vez de facer rir só provocan pánico. A min todo isto que veñen anunciando dame moito miedito. Por certo, agardo verte un día destes de Nadal pola Pobra. Un bico.

    ResponderEliminar